De Ninghures fan música cos pés na terra e os brazos abertos.

Son unha das bandas referentes da potente e rica escena do folk galego actual.

Un grupo que mestura mestría musical e actitude desenfadada, que sorprende en cada canción coas súas diferentes voces e a súa actualización das coplas e melodías populares, e que nos fai tanto bailar como emocionarnos coa súa particular fusión da música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí.

En 2022 publicaron ‘Aquí’ o seu primeiro álbum e máis de medio cento de concertos e algúns sinxelos despois – coma o exitoso ‘Morena’ – presentan traballo e espectáculo novo : FEIRA.