Política de Privacidade

Quen somos

A dirección da nosa páxina web é: https://tremendoaudiovisual.com.

De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, informámoslle que os datos persoais forman parte dun ficheiro, responsabilidade de Tremendo Audiovisual. A finalidade deste ficheiro, é levar a cabo a xestión e control da relación comercial cos nosos clientes. Se o desexa, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito á seguinte dirección: Rúa Picaños 4 3º esq. 15702 Compostela, achegando unha fotocopia do seu DNI.

Comentarios

Cando os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam.

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es un usuario rexistrado e carga imaxes á web, debes evitar cargar imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Cookies

Que é unha cookie?
Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que se garda no teu navegador cando visitas case calquera web. Serve para que a web lembre a túa visita e garde algunha información básica de ti, e así teñas unha mellor experiencia cando volvas navegar por ela.

Para os efectos legais en Europa, sistemas alternativos ás cookies, como local storage (onde a información non se garda nun servidor, senón no teu navegador), teñen a mesma regulamentación.

Que información gardan?
As cookies adoitan gardar información de carácter técnico, preferencias persoais, información para a personalización de contidos, estatísticas de uso, ligazóns ás redes sociais, o teu acceso como usuario etc. O seu obxectivo é adaptar o contido da web ao teu perfil e ás túas necesidades. Sen cookies, os servizos que ofrecen as webs veríanse eivados notablemente.

As cookies non adoitan gardar información realmente importante sobre ti, nin tarxetas de crédito nin datos bancarios, nin fotografías, nin o teu DNI nin información persoal. Os datos que gardan son só de carácter técnico sobre as túas preferencias de acceso á web (idioma, tipo de perfil, etc.), contidos que xa tes visto, páxinas que visitas etcétera.

Por outra parte, esta información que gardan non queda asociada a ti persoalmente (ao teu nome), senón ao navegador do teu ordenador ou móbil. De feito, se adoitas navegar co ordenador e probas a facelo co móbil, ou se mudas de navegador, comprobarás que a web non se dá conta de que es a mesma persoa e vas ter que escoller idioma de novo e seleccionar cousas que xa seleccionaras no outro dispositivo. Ou sexa, a cookie dáse conta de cal é a máquina que a está consultando, non de que é o humano que está detrás.

Que cookies emprega esta web?
Seguindo as directrices da Axencia Española de Protección de Datos indicámosche as cookies que emprega esta web.

Esta web utiliza as seguintes cookies propias:

laravel_session, unha cookie de sesión que identifica a lingua na que estás a navegar, os teus datos de acceso e o carriño da compra,
remember_, unha cookie de personalización que lembra que aceptaches as cookies na web.

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas “Lembrarme”, o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Queres evitar as cookies?
Podes restrinxir, bloquear ou borrar as cookies de calquera web que utilices se configuras o teu navegador.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Con quen compartimos os teus datos

Se solicita un restablecemento de contrasinal, a súa dirección IP incluirase no correo electrónico de restablecemento.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde enviamos os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.