Berto

O proxecto BERTO nace en decembro de 2021 da man de Alberto Mira, músico, productor e compositor pontevedrés. O seu primeiro LP “Viaxe ao espazo interior” está composto a modo conceptual, onde o artista se inspira no simbolismo e a introspección durante o tránsito por unha profunda depresión ata lentamente mellorar e volver a atopar a felicidade.

En marzo de 2022 Berto publica “Bailar Chikito”, un EP en colaboración coa cantante Marinha, onde explora una mestura orgánica entre o pop, a música electrónica, o trap e o techno, sempre desde unha óptica centrada no baile, no hedonismo e o desfrute.

En novembro de 2022 presenta “Sinto” o seu novo Lp. Trece cancións que te lanzan directo á pista de baile. Trece cortes pop que van desde a electrónica ao trap, pasando polo post punk, o RnB e o synth pop. Himnos bailables e vitalistas que nos falan do día a día, da amizade, do amor e da perda.

BERTO é tamén productor musical e colaborou cunha gran cantidade de artistas dunha nova fornada do pop electrónico galego, coma poden ser Fillas de Cassandra, Mondra, Hydn, Rivadulla, Nia twee ou Maiko Leinad.