Ulex

Ulex fórmase en Compostela en setembro de 2022 e xorde do amor pola música e as ganas de tocar de catro adolescentes Xian Castro (voz principal e guitarra rítimca), Mónica Fuentes (baixo), Tomás Sánchez (guitarra solista e coros) e Martinho Quintela (batería e voz principal). Con influencias de bandas galegas como Ataque Escampe, Familia Caamagno, Grande Amore, The Rapans ou O Sonoro Maxín esta banda chamada coma o nome científico do toxo fai rock atolondrado – como din eles – con aires cumbieiros. A banda sonora perfecta para a vida da mocidade galega. 

 
En 2025 publicarán o seu primeiro disco – Lonxe de ti – do que xa podemos escoitar o primeiro adianto ‘Memoria’. Ulex fálannos coas súas cancións da súa forma de ver a vida, do amor, do desamor, da amizade e to tempo que lles toca vivir.