Tona

Se buscas unha banda para unha sesión vermú que saibas que non hai ningunha como Tona. Este novo proxecto sorprende coa súa particular visión das coplas e melodías populares e cos seus concertos participativos e festivos nos que non bailar non é unha opción. Directos orgánicos, analóxicos e divertidos cunha formación única: Miguel Cernadas (Terbutalina) na voz, letras e composición; Tomás Ageitos (Compañía do Ruído, Das Kapital) na batería e composición; Roberto Comesaña (colaborador entre outras moitas formacións de Susana Seivane ou Cristina Pato) no acordeón, Gutier Alvarez (colaborador de Xabier Díaz) no violinofón e por Andrés Real, (Oh Ayatollah, Portosanto) ao baixo. A este equipo hai que sumar a Víctor Álvarez como coautor, arranxista e técnico ao vivo.

Música da Ribeira: así define a banda o seu estilo persoal, o seu cóctel particular, cunha etiqueta única: Que é a Música da Ribeira? AA que fan estes descentes de piratas e contrabandistas, que aprenderon a falar antes ca a andar. que fai Tona. É a música que soaría na aldea muradá de Ventín, no caso de que soase algo.