O Xoán naceu dun desamor e dunha volta á casa case forzada, pero co drama por montar: simplemente tocou volver á aldea, sachar un pouco e poñerse a facer pop e electrónica en galego. Música con identidade, sentido do humor e a medida xusta de intensidade. Co seu primeiro sinxelo “Ferido” espertou xa o interese do público e da escena profesional e abriu unha etapa máis atrevida e visual na que nos amosa o seu estilo propio e unha proposta contemporánea e novidosa dentro da escena galega. Preparando o lanzamento do seu traballo debut esta primavera-verán presentará en escenarios diversos o seu primeiro espectáculo.
Para os primeiros concertos esta primavera O Xoán convina o seu lado actoral co musical e presenta un espectáculo escénico e visual cun fío narrativo que nos vai levando dun tema a outro, un show hipnótico que atrapa ao público coa súa mestura de cancións e historia persoal. Para agosto de 2026 prepara a estrea dun segundo formato máis festivaleiro.
