Familia Caamagno é unha banda ben coñecida no noso panorama musical que e veñen de publicar o seu terceiro LP, ‘Disco Comarcal’, un traballo producido por Raúl Pérez, do recoñecido estudio granadino La Mina, que demostra a solidez compositiva e a versatilidade estilística da formación cando cumpre 15 anos sobre os escenarios. ‘Disco Comarcal’ é un álbum ateigado de rock e power pop no que se suceden as melodías luminosas e as guitarras afiadas; ademais da profundidade emocional e as letras retranqueiras e incisivas que os Caamagno acostuman a presentar. Alén da súa recoñecida capacidade para sacralizar o baile e a diversión, e que transforma cada directo nunha intensa comuñón co público, os de Sigüeiro confirman con este ‘Disco Comarcal’ a súa volubilidade para achegarse a estilos como o R&B ou mesmo a música disco.
Para a estrea de ‘Disco Comarcal’ a banda creou un concerto diferente acompañado da Orquestra do Quince, ventos e teclado nun concerto ben especial da Familia Caamagno do que podedes ver un resumo no vídeo da presentación na Capitol enlazado abaixo.,
Calquera que vise un directo de Familia Caamagno pode dar fe da intensidade, o baile e a catarse ao que se somete o público mentres se suceden, bailes imposibles, coros anxelicais e verdadeiros himnos do rock e pop galego dos nosos días.
