Berto

Descarga: Folla de Prensa

BERTO é a metade de Verto

Así de sinxelo

O dúo galego que revolucionou o panorama musical no 2021, que conta cunha das comunidades de fans máis activas en internet acumulando unha media de 60.000 oíntes mensuais fai un parón na súa carreira.

Ninguén sabe se definitivo ou non.

O que se sabe é que BERTO non pode parar de facer música e de dar concertos.

En decembro de 2021 publicou o seu primeiro traballo en solitario, “Viaxe ao espazo interior” e agora en marzo de 2022 sorpréndenos cun novo E.P “Bailar Chikito”

Unha mestura orgánica entre o Pop, a música electrónica, o trap e o techno.

O eclecticismo dentro da Música Urbana é marca da casa para BERTO, agora aos mandos da produción musical e á voz principal, xunto con Marinha, colaboración estrela neste novo lanzamento discográfico.

O novo proxecto de BERTO vai acompañado cunha banda en directo, mesturando o analóxico e o dixital. Na batería Lorena “Cachito” e nos sintetizadores María Soa.