Verto

Descarga: Folla de Prensa

VERTO son dous rapaces máis ou menos de Santiago que fan, antes ca nada, música Pop.

Teñen influencias do trap e do R & B máis actual, pero miran con ansia cara a música dos 80.

Levan moi pouco tempo, concretamente dende novembro do 2019 que estrearon o seu primeiro single “Amolecer”.

Dende aquela acumulan unha media de 60.000 oíntes mensuais en Spotify.

Segundo eles mesmos din, non lles gusta tomarse tan en serio.

Só queren facer música que lle faga bailar ós colegas.
Só queren facer temazos con moito autotune e coa maxia que ten gravala na habitación de Fer, e con iso, ser capaces de chegar a todo o panorama estatal.

Digamos que o seu é “Puro Ocio”.