OH! AYATOLLAH

Fuxindo de clasificacións parcelarias, Oh! Ayatollah reclaman a ampla etiqueta “pop” como propia, intentando con isto apelar á sinxeleza, así como afastarse dunha diferenciación demasiado específica que consiga desvirtuar a súa nova mensaxe e a súa música. O “pop” entendido dese xeito, vólvese unha forma de facer e de vivir a música, que pon en primeiro lugar as cancións e as emocións que transmiten. A principal intención desta proposta radica en conseguir movilizar a quen sexa que estea escoitando:
Como banda sonora da festa dun xoves noite, como menciña cando tes o corazón desfeito, cando sintes asco polos teus amigos ou como himno xeracional cando parece que se achega a fin do mundo. 

As cancións de Oh! Ayatolla queren ser vividas, bailadas, choradas e cantadas a pleno pulmón.

porque pase o que pase, o mellor é que nos pille cantando xuntos.