O Festival do Leite, organizado por Deleite Galego é unha xornada de música para toda a familia, grandes e pequenos, coa que se quere resaltar a importancia cultural e económica do leite para Galicia. 

A primeira edición celebrouse no 2016 en Compostela no Parque de Belvís e a segunda en Lugo no Parque de Feiras e Exposicións.

O Festival do Leite funciona coma unha romaría onde se poden atopar concertos, postos de comida e bebida, actuacións e actividades para os máis pequenos.

A entrada é de balde.

Todo o beneficio que se xera nas barras e merchandising vai para ONGs que traballan cos refuxiados.

+ info en: 

www.facebook.com/DeleiteGalegoLeiteNoso/