Os cinco infraseres de Sigüeiro volven máis bailongos e enerxéticos ca
nunca co seu novo traballo discográfico:
“HABÍA QUE INTENTALO”
Neste novo LP os Caamagno despregan un compendio de melodías pop, ritmos frenéticos e retrousos coreables co único afán de facer bailar á mocidade máis dinámica do ESTADO.
Temos ante nós un novo álbum, formado por oito cancións e un
bonus track, no que poderanse atopar auténticos himnos contemporáneos do POP ENERXÉTICO.